Porque queredes darlles o mellor…
-
Cóidate, cóidame
Calendario de vacinacións, táboas de crecemento, coidados saudables… Todo o que precisades saber sobre a saúde infantil nesta páxina do Servizo Galego de Saúde.
-
A actividade física na infancia
Ser unha persoa activa fisicamente durante a infancia non só é importante para a saúde deste período vital, senón tamén para manter unha boa saúde durante todo o curso da vida. Consultade estas recomendacións para a realización de actividade física na infancia.
Beneficios da actividade física na infancia
-
Consellos para unha boa alimentación
Poden comer de todo? Como introducimos un novo alimento? Temos que prohibirlles as lambetadas? Despexade as vosas dúbidas con esta información sobre a alimentación infantil.
A alimentación das nenas e nenos