A educación dos vosos fillos e fillas, nas mellores mans
-
Alí, educación infantil en galego
Alí é un portal de recursos en galego para a educación infantil. Creouse como ferramenta de apoio á actividade formativa do persoal das escolas infantís e tamén vai dirixido a todas as persoas involucradas na educación das cativas e cativos: pais, nais, ANPAS, ludotecas, bibliotecas…
Alí, recursos en galego para a educación infantil
-
Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística
Para motivar ao alumnado e darlle forza a lingua. Con actividades divertidas desde o ensino.
Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística
-
Escolas infantís municipais
As escolas infantís municipais de Narón atenden a nenos e nenas dende 3 meses a 3 anos de idade cun obxectivo común: contribuír a que os nenos e as nenas crezan sans e felices.
-
A Galiña Azul
As escolas infantís da Rede A Galiña Azul están dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos. Trátase dun servizo público de atención á infancia, educativo asistencial, que busca adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral e persoal da cidadanía galega ao tempo que facilita a súa inserción no mercado laboral.
Rede de escolas infantís de Galicia
-
Escola semente de Transancos
As escolas de ensino galego Semente son unha iniciativa social sen ánimo de lucro que pretende conformar, xunto con outros proxectos semellantes, as bases necesarias para a creación da Escola Nacional Galega. Ademais da escola semente de Trasancos en Narón, contan con outras dúas escolas en Vigo e Compostela.
-
Orella pendella
Espazo dedicado á difusión e recompilación de literatura popular infantil de Galicia de tradición oral coa intención de que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os galegos e as galegas do século XXI. Está aberto á colaboración de quen queira enviar as súas achegas: recitados, coplas, arrolos, xogos…
Ditos, recitados e cancións infantís – Orella pendella
-
Kalandraka
Editorial especializada en literatura infantil e xuvenil que naceu en 1988 coa intención de publicar obras da mellor calidade estética e literaria en galego para contribuír á normalización lingüística de Galicia. Na actualidade, publica en varios idiomas e ten presenza en varios países.
Catálogo de Kalandraka – Libros por idade
-
OQO Editora
OQO é unha editorial que quere achegar os soños aos nenos e nenas; un espazo onde habitan suxestións innovadoras que invitan a soñar, a reflexionar e a degustar imaxes, músicas, voces e palabras. Publica en varios idiomas e conta con recoñecementos internacionais.