Saúde infantil

Porque queredes darlles o mellor…


  • Cóidate, cóidame

Calendario de vacinacións, táboas de crecemento, coidados saudables… Todo o que precisades saber sobre a saúde infantil nesta páxina do Servizo Galego de Saúde.

Coidados infantís saudables


  • A actividade física na infancia

Ser unha persoa activa fisicamente durante a infancia non só é importante para a saúde deste período vital, senón tamén para manter unha boa saúde durante todo o curso da vida. Consultade estas recomendacións para a realización de actividade física na infancia.

Beneficios da actividade física na infancia


  • Consellos para unha boa alimentación

Poden comer de todo? Como introducimos un novo alimento? Temos que prohibirlles as lambetadas? Despexade as vosas dúbidas con esta información sobre a alimentación infantil.

A alimentación das nenas e nenos

As verduras e as froitas