Nais e pais

Consellos para futuros pais e nais, nomes galegos para bebés, recursos e actividades… Infórmate nestas ligazóns!


  • Apego, pola vida e pola lingua

Programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. Está dirixido ás familias que esperan un fillo ou unha filla e ás que xa teñen nenos e nenas ata 6 anos.

Programa Apego


  • Web de ideas para agasallos

Esta web ofrece suxestións de agasallos en galego e permite facer procuras por prezo, idade ou tipo de proposta. Seguro que atopas máis de un agasallo para escoller!

Ideas para agasallos


  • Neno ou nena…?

Ides ser pais! E iso implica tomar decisións durante o embarazo, como dar o peito ou o biberón, o coidado durante os primeiros meses, ou a lingua na que vos comunicaredes en familia. Aquí tedes uns consellos que vos axudarán a vivir a etapa do embarazo con ilusión mentres vos preparades para a chegada desa nova persoíña.

Consellos e ideas para o tempo de espera


  • Ímoslle chamar…

Artai, Irea, Noemia, Breixo… E moitos máis! Nesta guía tedes algunhas propostas de nomes galegos para nenas e nenos. Elixide o que máis vos guste!

Nomes e apelidos galegos


  • Ti podes darlle o mellor

Esta guía achega información e recursos útiles para facilitar o aleitamento e a crianza. Coñecede as vantaxes da lactación materna e resolvede as vosas dúbidas con estes consellos e recomendacións. Na segunda ligazón, poderedes localizar as asociacións que traballan neste ámbito e que vos poden prestar axuda.

Consellos para unha boa lactación materna

Directorio de asociacións prolactación materna


  • Asociación Galega de Atención Temperá

AGAT é unha asociación interdisciplinaria constituída por profesionais galegos e galegas que traballan con nenos e nenas con discapacidades, e coas súas familias, no territorio da nosa Comunidade Autónoma. As persoas integrantes de AGAT proceden das distintas disciplinas implicadas na Atención Temperá tanto no campo Sanitario como no Psicosocial e Educativo.

Asociación Galega de Atención Temperá